Firma do convenio definitivo do regadío
Data de publicación: 2024-06-22 10:50:30
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu hoxe á sinatura do convenio entre a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa) e a Comunidade de regantes “Nova Limia” para levar a cabo o proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 40 captacións de augas subterráneas.